Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

RAP 5 ANOS

luns, 26 de xuño de 2017


Os nenos e nenas de 5 anos C andiveron  este curso viaxando polo espazo,  coñecendo os planetas, asteroides e cometas... e como gran final para a  súa aventura deixannos este rap galáctico adaptando a canción "En galego" de Migallas.

RECÍCLATE CON SOGAMA.

xoves, 25 de maio de 2017

Actividades realizadas polos nenos e nenas de 3º de primaria enmarcadas dentro do PLAN PROXECTA  da Consellería.
 Recíclate con Sogama

 Reutilizar, Reciclar e Reducir

 Qué vos parece, se facemos unha cidade "Reutilizando" tetrabricks?
Así de bonita quedou  a nosa cidade.


 Animádevos a Reutilizar tetrabricks , botellas,...!!!

Sabedes o que é un cargador de pilas?
Iván ten un que nos trouxo ó cole para ensinar.....


O longo do curso todos aprendemos que podemos recargar as pilas da radio ou da tablet, sen necesidade de tirar unhas e mercar outras, con todo o que  contaminaannnn!!!!!!!!!!!

VISITAMOS SOGAMA
Así estabamos de contentos antes de disfrazarnos coa equipación de seguridade. Esta visita foi en Febreiro, a Cerceda, ás instalacións de Sogama.




Menuda aventura ir no autobús de Sogama!!! Os alumnos e alumnas de terceiro tivemos que vestirnos así como vedes. Foiche moi divertido visitar as instalacións en Cerceda, había que pechar un pouco o nariz, pero descubrimos que moito lixo se volta reutilizar.






XXIV SEMANA CULTURAL

luns, 22 de maio de 2017

Ola!!!
Un ano máis estamos de festa, o motivo é celebrar o Día das Letras Galegas durante a XXIV Semana Cultural.


ACHEGÁNDONOS A CARLOS CASARES

mércores, 3 de maio de 2017

Ola!!
Só faltan 13 días para celebrar o Día das Letras Galegas. Nestas ligazóns   atoparedes recursos didácticos e lúdicos que viran  ao redor de Carlos  Casares.


Primavera das Letras é un proxecto da Real Academia Galega co que pretende fornecer ao alumnado de educación infantil e primaria de recursos didácticos arredor do escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas.

Pica na imaxe e entrarás de cheo no mundo de Carlos Casares.



                                               Se picas na seguinte imaxe seguirás en contacto con Carlos Casares.


CONTACONTOS: ALUMNADO DE 6º

martes, 2 de maio de 2017

Con motivo do Día do Libro, algúns alumnos e alumnas de 6ºC realizaron unha sesión de contacontos  para o alumnado de 1º e 2º de EP .



23 de abril, Día Internacional do Libro

luns, 17 de abril de 2017

O alumnado de Educación Infantil de 3 anos colaborou na
realización deste bonito cartel do Día do libro. Anímovos a que leades as mensaxes que nos deixan.








MÁIS NOVIDADES NA BIBLIOTECA



Ola !
Quero lembrarvos que durante este mes poderedes gozar de novas lecturas coas novidades que chegaron á Biblioteca.


Gozade Lendo no Mes do LIBRO!!




Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.